Ir ao contido
Arzúa+Concilia

Servizo municipal de conciliación

Unha Arzúa que coida e favorece o dereito a conciliar.

Arzúa+Concilia é o servizo municipal de conciliación do Concello de Arzúa, pensado para acompañar as familias durante os períodos non lectivos do curso escolar. Porque o dereito a conciliar é unha responsabilidade colectiva que require comprimiso, servizos e recursos públicos.

Agora mesmo non hai ningunha convocatoria en curso. Cando se publique a próxima, poderás consultala e solicitar praza desde aquí.

Como funciona

Solicitar praza en catro pasos

  1. Escolle a convocatoria

    Nadal, Entroido e Primavera teñen quenda única. No verán podes escoller unha ou varias quendas semanais.

  2. Enche a solicitude

    Datos da crianza, das persoas proxenitoras, horario e persoas autorizadas para a recollida.

  3. Achega a documentación

    Podes subir o DNI e os documentos que acrediten a túa situación familiar en PDF ou foto.

  4. Garda o teu número

    Recibirás un número de solicitude. As listaxes de admisión publícanse con ese número.

Quen pode participar

Un servizo para as familias de Arzúa

  • Nenas e nenos escolarizados en Educación Infantil ou Primaria, cos anos de nacemento que indique cada convocatoria.
  • Teñen prioridade as crianzas empadroadas en Arzúa e as familias con circunstancias especiais (monoparentais, numerosas, vítimas de violencia de xénero ou con cargas de coidados).
  • Tamén se ten en conta que as persoas proxenitoras traballen durante o período solicitado.
  • Hai bonificacións do 50 % para varias situacións familiares. Consulta as bases de cada convocatoria.

Tes dúbidas?

O persoal do Centro de Información ás Mulleres (CIM) axúdache a encher a solicitude ou a resolver calquera dúbida.

698 119 762 · 981 501 101
cim@concellodearzua.com